NOITE FOLK

A noite Folk de Negreira chega este ano o seu décimo aniversario, unha celebración que ten a firme intención de manter viva a tradición musical da nosa comunidade con actuacións de primeiro, que atraian ó noso Concello os amantes da música tradicional.
O noso obxectivo e poder disfrutar dunha tarde/noite a beira do río, con músicas e bailes populares, tradicionais e evolucionados, na compaña de bos amigos nunha paraxe privilexiada como é o REFUXIO DOS PESCADORES DE COVAS.



Nesta edición 2012 os grupos participantes son:

                                                     
                                                     
MALVELA:

Este grupo de mulleres que cantaban nas súas casas, tiñan nos seus corazóns as cantigas das avoas e un día puxéronse a facer festa con elas para achegarnos o seu tesouro musical. Malvela son varias xeracións que se xuntan ofrécennos as cancións que veñen da terra, a cultura das nosas aldeas.

No ano 2002 publicaron o seu primeiro álbum, agora presentamos 'Raianas', o seu 4ª álbum gravado ao vivo. Teñen realizado numerosas actuacións en directo que as confirmaron como unha das propostas máis atractivas da música galega, cunha gran capacidade para conectar con públicos de idades e procedencias diversas.

Malvela transmite neste álbum un ambiente festivo coa forza e convicción naturais coa que estas mulleres se empregan cada vez que pisan un escenario. Un concerto seu é sempre emocionante e participativo, unha ocasión única para gozar da mellor música popular. Nesta ocasión están acompañadas polo seu grupo habitual e por convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.

"Raianas" é unha viaxe pola música de ambas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e no que soan temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo, como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez foi gravada en disco. O álbum céntrase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.

+ info: MALVELA 


A REQUINTA DA LAXEIRA:

A Requinta da Laxeira son un grupo de música tradicional dedicado á recuperación da requinta, un instrumento característico da zona da Ulla.

Parte do seu repertorio componse de “música de requinta” (recollida ós vellos requinteiros); tamén engaden outras pezas adaptadas ó máis puro estilo 'laxeiro', onde incorporan voces.

Os concertos tratámolos de encher de festa, onde pasalo ben, cantar, bailar…sorrir, son a escusa principal destes eventos.

PAN DE CAPAZO:

Pan de Capazo formouse no inverno de 2002. O seu repertorio ten influencias da música medieval e da música e ritmos casteláns, vascos, franceses e dos países de Europa do Leste. Aman a música vella, poderosa e vital, chea de forza e enerxía. Grandes amantes dos instrumentos vellos, que os transportan a outros mundos.




+ info: PAN DE CAPAZO







 VIDEOS RELACIONADOS: