NICRAROCK

O Nicrarock é un referente dos festivais de música na comarca, nel podemos escoitar os mellores grupos galegos así como as formacións emerxentes da comarca.


Nesta velada musical teñen cabida todas os tipos de música, Pop, Metal, Rap...... aínda que sobre todo o que ten maior peso é o Rock. Polo escenario situado no Parque do Coto pasaron grupos como Amaral, Los Enemigos, Ruxe-Ruxe, Medomedá, Rif-Raf, que fixeron saltar e disfrutar da boa música os presentes.



Para a edición 2012 os grupo que van a participar veñen cargados de forza e coa intención de facer saltar o público coas súas cancións.....








GRUPOS EDICIÓN 2012:
 


CLEAN AND LEAD (Negreira):
Este grupo de nova creación fai versións de clasicos do Rock dos anos 80 e 90. Está formado por xóvenes de Negreira con experiencia en outras formacións musicais, os compoñentes son: Richo (voz & guitarra) Campos (guitarra & coros) Pepe Noya (baixo) Diego Vieito (batería & teclado).









MARMOTA PHIL (Negreira):
Os comezos de Marmota Phil, non están moi claros. A primeira formación conformase por Jesús (guitarra), Jose (bateria), Gerardo (baixo) e Luis (vocalista), todo isto baixo o nome de "Musica Perro", no ano 2004. Logo dun tempo, Luis deixa o grupo para adicarse profesionalme ó mundo da música como cantante de orquestra, e xunto él acabará marchando Gerardo. Jesús e Jose, seguen co grupo adiante e buscan nova xente, xa co nome actual (Marmota Phil) No verán do 2005 incorporan a Óscar como guitarra, e comezan a traballar en formato de trio, compoñendo novos temas e aproveitando os anteriores. Ante a falta de baixista, Óscar convence ó seu amigo Manu para que se pase ó baixo e así se consoliden como cuarteto. En abril do 2006 estréanse no TNT de Santiago de Compostela, e logo doutro concerto (no Pub Mojo) Jesús decide deixalo, por asuntos persoais. Jose tamén o decide deixar, e Manu e Óscar seguen quedando para ensaiar e seguir compoñendo. Meses máis tarde fichan a Dani como batería, e a Sergio como guitarra, que logo se amoldan ó grupo. Tras varios concertos con esta formación, en marzo deste ano, deciden gravar unha demo en Diorama Estudios (Santiago de Compostela) co "maestro" Jorge Sampayo ós mandos, cuxo resultado e isto que estades a escoitar. En marzo do 2010, entra David "Coper" na batería.

+ info: MARMOTA PHIL





LADY EVIL (Ferrol):
Esta banda nace en Ferrol fai 8 anos coa intención de facer versións dos grandes da música rock e Heavy Metal dos anos 80; Iron Maiden, Judas Priest, Scorpions, Motorhead....cun directo demoledor e cunha voz femenina enérxica e potente.

+ info: LADY EVIL



                   
                     

                                                      
                                                      O SONORO MAXÍN (Ourense):
O Sonoro Maxín volve aos escenarios presentando o seu esperadísimo primeiro disco de estudio, A onda sonora (chega do interior), producido por Kaki Arkarazo, e gravado nos estudios Garate, de Andoain (Gipuzkoa) [EH], por Kaki Arkarazo e en Tooma Recordings, de Ourense, por Marcos Vázquez.
O novo disco, de 13 cancións, expresa a múltiple visión musical do conxunto ourensán, baseado nunha mestura de cumbia,reggae, rock, ranchera, bolero ou vallenato. O deseño do mesmo corre a cargo do artista David Rubín. O Sonoro Maxín fala do disco con estas verbas: «Chega a onda sonora. Chega do interior, dun océano interno. Dun mar quente e profundo que, aínda que ten morada certa, non aparece nos mapas.
Trae con ela as cumbias que non son cumbias. Esperta os bailes que aínda están por inventar. Camiña polas rúas que pisamos hai tempo e polas que hoxe está prohibido pasear. Traslada dun lado a outro a surfistas sen táboa, unha manda de eguas e cabalos sen dono e un grupo de pallasos que tratan, co riso e sen bromas, asuntos moi serios. Vén cargada con ritmos descompasados que derrotan ás cadeiras no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas melodías atopadas no fol dun acordeón. Viaxan ao seu carón cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados.A onda sonora trasmítese cara todos os ouvidos no mesmo momento. Nun pestanexo. Nas novas formas de contar o tempo, nun bico, nunha aperta, nun sorriso. Cara todos e todas coa mesma intención, ser escoitada.

+ info: O SONORO MAXÍN


VIDEOS RELACIONADOS: