A Feira do Románico de Negreira é un referente nos mercados medievais da comarca, ó redor do Pazo do Cotón desenrólase unha festa cargada de maxia e de bo ambiente.
Esta celebración recorda, ano tras ano, a historia da Vila e a súa Bisbarra, achegando
ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación
medieval onde se encontran representadas as distintas culturas,
relixións, oficios e clases sociais daquela época.
O esforzo de todo un ano, non só queda representado neste día, senón que durante todo o ano a Coordinadora leva a cabo diversas actividades organizando cursos, talleres artesáns, recuperación de xogos populares, exposicións, etc. posibilitando así o enriquecemento cultural da Bisbarra.
O Tempo que dura a Feira, é obrigatorio vestirse de época, engalanar os balcóns e introducirse de cheo no S. XII, tempo onde polo Cotón paseaba o ilustre Afonso Eanes.
GALERIA DE IMAXES:
VIDEOS RELACIONADOS: