viernes, 24 de junio de 2011

INICIO


O pasado venres 22 de xuño tivo lugar a presentación do VERAN CULTURAL 2012, no acto estivo presente o Concelleiro de Cultura e Educación D. Luis Calviño,  e os coordinadores de Cultura e Deportes do Concello de Negreira

A pesar de que as actividades comenzaron a principio do mes de xuño, o programa tivo que pecharse o pasado luns debido o retraso das subvencións concedidas pola Exma. Deputación de A Coruña.

Nos vindeiros tres meses poderemos disfrutar de música, actividades deportivas, cursiños e moitas sorpresas, dirixido os nenos e adultos de Negreira e comarca.

Entre o máis destacado cabe sinalar o programa "A pé de rúa", que terá actuacións de maxia, clown, malabares,....en distintas prazas e rúas da vila. Outra actividade pola que se apostou forte este ano foi a "Gala de Maxia", dirixida polo coñecido Mago Romarís que traerá a Negreira un espectáculo cargado de sorpresas máxicas.

Non van a faltar os espectáculos de gran formato como o Nicrarock, Noite Folk ou a Feira do Rómanico, que a pesar da crise van a manter o nivel de anos pasados.